RECEITA DO CÓCTEL EUCALIPTUS

RECEITA DO CÓCTEL EUCALIPTUS

Cóctel por cortesía de Diego Mosquera, barman executivo do local compostelán Vaová, vicepresidente da Asociación Galega de Barmen, campión nacional de coctelería en 2001 e coordinador da primeira escola de Mixología Molecular de España.

Fotografía Miguel Ares.

INGREDIENTES

  • 3 Cl de Xarope de Eucalipto
  • 5 Cl de Zume de Limón
  • 3 Cl de Augardente Branca
  • Bitter de Cardamomo
  • 5 Gr de Albumina ou Clara De Ovo
  • Xeo
PREPARACIÓN

Elabórase en cocteleira mesturando todos os ingredientes agás o bitter. Sérvese en copa de cóctel adonado cunha folla de eucalipto e unhas gotas de bitter de cardamomo.

Comparte...