Receita de Raxo en tempura con fideos de Castaña de Galicia e galletas crocantes de allo

Receita de Raxo en tempura con fideos de Castaña de Galicia e galletas crocantes de allo

Receita creación de Vanesa Vera Avola,  gañadora do III concurso de recetas “Cociña con Castaña de Galicia”, organizado pola IXP Castaña de Galicia coa colaboración do Aula de Cocina Porto Muiños.

Receita de Raxo en tempura con fideos de Castaña de Galicia e galletas crocantes de allo.

Ingredientes para os fideos de Castaña de Galicia

  • 200 gramos de fariña de trigo
  • 200 gr. fariña castañas
  • 4 ovos
  • Sal e pementa

Elaboración

Mesturar os ingredientes, nun cunco e amasar durante 15 minutos, para formar unha masa homoxénea.

Deixar repousar como mínimo 1 hora en neveira, cuberta con papel film.

Ingredientes para raxo

  • 400 gramos de raxo
  • 250 grs. fariña de tempura
  • Cervexa

Elaboración

Preparar a fariña para tempura coa cervexa, introducir o raxo e fritir.

Ingredientes para galleta crocante de allo e sésamo

  • 200 gramos de fariña
  • 1 ovo
  • 25 gr. sésamo negro
  • Sal, pementa e allo en po

Elaboración

Mesturar os ingredientes nun cunco, unir os ingredientes sen amasar demasiado e deixar na neveira un mínimo de 1 hora.

Despois, estirar o máis fino posible, enfornar a 180º graos durante 7 minutos, ou ata que estea tostado.

Comparte...