Receita da tapa Alguén voou sobre o niño do cuco

Receita da tapa Alguén voou sobre o niño do cuco

Receita creación de Argentinos Burguer, tapa gañadora do primeiro premio no concurso Santas Tapas 2013 da Estrada e do premio á tapa mellor presentada.

Ingredientes

Queixo feta

Xamón curado

Olivas negras

Aceite de oliva aromatizado con alfábega

1 ovo de paspallás

Sementes de sésamo

Pataquiñas palla

Bolo de pan

Elaboración do pincho

Baleiramos o bolo de pan sacándolle a maior parte do miolo, deixando só unha capa de arredor da codia para que non perda esponxosidade.

Nunha cunca mesturamos o queixo en taquiños coas olivas negras picadas e o xamón picado. Mesturaremos cun chorriño do aceite aromatizado con alfábega.

Enchemos o bolo de pan coa mestura de feta, olivas negras e xamón, e colocaremos o ovo de paspallás enriba.

Cocíñase no forno durante 6 minutos a 250 graos ou ata que vexamos que o pan está tostado e a xema do ovo lixeiramente cociñada.

Bótaselle por riba o sésamo e sérvese sobre unha cama de pataquiñas palla. Pódese completar pola base con papel kraft.

Comparte...