SALTEADO DE VERDURAS DE TEMPADA CON LABRAS DE XAMÓN

SALTEADO DE VERDURAS DE TEMPADA CON LABRAS DE XAMÓN

Jaume García (Velis Nolis)

Ingredientes

150 g. de cabaciños, 2 cebolas tenras, 100 g. de brécol, 3 cenorias, 2 alcachofas, champiñóns, 1 feixe de espárragos tenros, 50 g. de labras de xamón, sal e aceite de oliva.

Elaboración

Limpar as verduras, os cabaciños cortalos en tiras de 1 cm.  aproximadamente do mesmo xeito que as cenorias, a cebola en pequenos gallos, o brécol en pequenos ramalletes do mesmo tamaño, a alcachofa pelada e cortada en cuartos e aos espárragos cortarlles a parte mais dura deixando a tenra.

Nun recipiente con abundante auga fervendo e sal, escaldar as verduras por espazo de 3 ou 4  minutos e arrefrialas seguidamente en auga moi fría para que non perdan a súa cor orixinal. Quentar ben unha tixola (Wok) e saltear as verduras co aceite de oliva e sal. Podemos tamén sazonar este prato con aceite de albahaca e aceite de pementos.

Servizo

Colocamos as verduriñas facendo un montonciño no medio do prato e encima pomos inmediatamente as labras de xamón, así coa calor das verduras tempérase a súa graxa.

Podemos decorar este prato de verduras  cunhas pingas do aceite de pementos. E listo para comer.

Comparte...