Sopa de ourizos de castaña, receita de Flavio Morganti

Sopa de ourizos de castaña, receita de Flavio Morganti

Continuamos con receitas de outono de Flavio Morganti, do Restaurante Galileo quen nos ofrece esta receita de sopa de ourizos de castañas. O cociñeiro Flavio Morganti é autor de El Árbol del Pan – Misterios de las castañas y sus recetas (editorial Everest), con imaxes de Xurxo Lobato.

Ingredientes

500 gramos de castañas

50 gramos de aceite Frantoio (Naturvie)

1 dente de allo

2 litros de caldo lixeiro de ave

50 gramos de nata fresca

100 gramos de patatas

30 gramos de allos porros

50 gramos de fiúncho

20 centilitros de viño albariño

unhas gotas de anís

sal, pementa branca

4-5 ourizos vivos

migas de pan de castañas para decorar

espuma de iodo (medio litro de auga de cocermos berberechos, 2 follas de xelatina e sifón)

Elaboración

Nun cazo pomos o aceite, o allo, os porros, o fiúncho, as patacas e as castañas. Sofriximos e remollamos coa metade do viño, seguidamente botamos o caldo e cociñamos de forma suave durante 20 minutos.

Trituramos cunha Thermomix, engadimos o viño restante, a nata, o sal e as gotas de anís. Deixamos reducir durante cinco minutos e servimos ben quente nunha cunca.

Colocamos os ourizos crus, un chorriño de aceite, os miolos e, ao final, a escuma de iodo.

Comparte...