Tartaletas de pataca de Galicia e xamón

Tartaletas de pataca de Galicia e xamón

Receita de Tartaletas de pataca de Galicia e xamón

Receita facilitada pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia

Ingredientes para 4 persoas

  •  8 uni. Tartaletas salgadas
  • 300 gr. Puré de Patacas
  • 200 gr. Xamón país
  • 1 uni. Cebola
  • 100 gr. Manteiga
  • 1 vaso de nata
  • Pementa branca
  •  Perexil
  • Pan relado

Elaboración

Refogamos a cebola en manteiga sen que chegue a coller cor.

Engadimos o xamón e dámoslle dúas voltas con coidado que non se poña duro.

Incorporamos o puré de pataca.

Salpimentamos e rebaixamos cun pouco de nata.

Enchemos as tartaletas e espolvoreámolas con perexil fino e pan relado.

Enfornamos a 200 graos durante 10 minutos.

Comparte...