Tortilla ao ron

Tortilla ao ron

Inés Abril reinterpreta a tradicional “tortilla ao ron” para a exposición Ao pé do lar, patrocinada por Galicia Calidade e incluída na programación do Forum Gastronómico 2010.

Foto: Soledad Felloza

Ingredientes:

Merengue de lima:
180 gramos de azucre
4 claras
Zume de 1 lima

Xema marinada:
200 gramos de azucre
4 xemas
50 mililitros de ron anello

Redución de ron:
300 mililitros de ron anello
20 gramos de glicosa
Peles de lima c.s.

Elaboración


Montamos un merengue no batedor eléctrico até obter unha textura esponxosa.
Por outra banda, nun bol pór o azucre e ir engadindo o ron até obter unha pasta homoxénea.
Estender nunha bandexa unha base de dita pasta dispor sobre ela as xemas e cubrilas con outra capa.
Deixar repousar na cámara frigorífica 18h.
Pasado este tempo retirar coidadosamente as xemas e reservar.
Nun cazo, a lume lento, botar o ron xunto coas peles de lima e deixar reducir. Coar e dar textura coa glicosa.

Comparte...