VIEIRAS Á PRANCHA SOBRE PURE DE PATACAS DE XINZO

VIEIRAS Á PRANCHA SOBRE PURE DE PATACAS DE XINZO

Jaume García (Velis Nolis)

Ingredientes

Catro vieiras, 200 g. de patacas, sal, aceite de oliva, unha cenoria, un calabaciño, uns brotes de soia, unha cebola tenra, salsa de soia e sementes de sésamo.

Elaboración

Facer un puré coas patacas, auga fría cun pouco de sal e aceite de oliva. Trituralo cun pouco de caldo da cocción e reservar en quente.

As verduriñas lavalas e cortalas en xuliana con coitelo ou cunha mandolina, moi finas. Escaldalas en auga quente, uns segundos, saltealas coa soia e o aceite de pementos, reservar.

As vieiras hai que lavalas ben de terra, sazonalas e facelas á prancha volta e volta nunha tixola ben quente.

Montaxe

Nun prato fondo colocaremos o puré de patacas, as verduriñas e encima a vieira, sazonaremos coa salsa de soia, o aceite de pementos e espolvorearemos co sésamo.

Apuntes

Para facer un caramelo de vinagre de Módena: 10 cl de vinagre de Módena e 100 g. de azucre, reducidos ao 50%.

Aceite de pementos: 1 pemento asado sen pebidas e 15 cl de aceite de oliva, trituralo todo co turmix.

Comparte...