Aceites Abril premia os seus clientes cun valo publicitario e aceite para un ano

Aceites Abril premia os seus clientes cun valo publicitario e aceite para un ano

Aceites Abril  quere continuar promocionando a beleza e o patrimonio de Galicia e, sobre todo, recoñecer o apoio e a fidelidade dos seus clientes. Por iso, inicia unha nova campaña publicitaria na que os convirte en protagonistas animándoos a amosar os seus lugares favoritos e premiándoos cun valo publicitario e un lote de aceite para todo o ano. O concurso, denominado “Embaixadores Abril 365 días”, prolongarase ata o martes 19 de febreiro e contará con tres gañadores.

Os participantes no concurso deberán subir ao seu perfil de Facebook unha imaxe tomada en calquera lugar de Galicia na que aparezan pousando en solitario ou en grupo con algún dos produtos da marca, ademais de mencionar a páxina oficial de Aceites Abril (@ Aceitesabril). Consulta as bases do concurso.

A compañía ourensá elaborará un ránking con todas as fotografías de acordo ao número de de “ likes” que reciban e serán os tres participantes que obtivesen máis “me gusta” quen se converterá, respectivamente, en Embaixador de Ouro, Prata e Bronce.

Como premio, cada un dos gañadores protagonizará unha dos famosos valos publicitarios da compañía, que será colocada en abril de 2019, e recibirá un lote de aceite Abril para todo un ano. Así, o Embaixador de Ouro recibirá un total de 60 litros de aceites de oliva virxe extra, intenso e suave; o Embaixador de Prata, 45 litros; e o Embaixador de Bronce, 30. Os gañadores daranse a coñecer nas redes sociais de Aceites Abril na penúltima semana de febreiro.

Comparte...