Selo de Galicia Calidade para os melindres da Tahona de Melide

Selo de Galicia Calidade para os melindres da Tahona de Melide

Melindres, amendoados e ricos da panadería Tahona de Melide locen xa o selo de Galicia Calidade que acredita a excelencia dos doces tradicionais elaborados no seu obradoiro, despois de que a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixésenlle entrega deste distintivo.

A Tahona de Melide, situada en pleno Camiño Francés e cuxa actividade se iniciou nos anos 30 do século pasado, convértese así na primeira empresa da comarca coa acreditación de Galicia Calidade. O selo recoñece a súa aposta por manter a tradición reposteira melidense, sen por iso deixar de lado a innovación, a mellora da innovación e a utilización das novas tecnoloxías.

Os responsables de Galicia Calidade destacaron que o selo ofrecerá  a posibilidade de alcanzar novos mercados a un produto tan representativo de Melide como son os seus afamados melindres.

 

Comparte...