Obradoiro de petiscos en El Corte Inglés

Obradoiro de petiscos en El Corte Inglés

El Corte Inglés de Santiago convida a todos os seus clientes a aprender a elaborar ‘Aperitivos de luxo para este Nadal’ nun obradoiro que terá lugar o mércores 12 de decembro a partir das 11 da mañá. Nesta sesión, que terá lugar no Salón de Ámbito Cultural da planta baixa, unha nutricionista experta en cociña realizará un showcooking en directo no que realizará diferentes receitas de bocados tanto fríos como quentes cos que poder sorprender nestas festas.
O ingrediente principal dos petiscos será a carne de porco de capa branca, que se combinará con outros alimentos para crear combinacións sinxelas e saborosas. Colaboran con esta sesión Interpoc, Organización Interprofesional Agroalimentaria do Porcino de Capa Branca, e GAN, axencia especializada en nutrición, gastronomía e saúde.
A participación é gratuíta pero é necesaria inscrición. Pode realizarse en Consigna de Sala Hipermercado Hipercor do Corte Inglés ou na web http://interporc.gan-bcn.com/ ata completar as prazas existentes.
Comparte...