PURE DE PATATA DE XINZO, HUEVO FRITO DE CASA Y SENDERUELAS

PURE DE PATATA DE XINZO, HUEVO FRITO DE CASA Y SENDERUELAS

Jaume García (Velis Nolis)

Ingredientes:

300 gramos de patacas de Xinzo

3 ovos moi frescos

100 gramos de sendeiriñas

aceite de oliva 0,4º

2 escalonias ou allos tenros

sal e pementa

Elaboración

Refogar as escalonias ben picadas en aceite de oliva a lume lento e engadir as sendeiriñas deixándoas confitar no aceite uns minutos.

Pór as patacas peladas e cortadas en anacos en auga a cocer cun pouco de sal e aceite e unhas cantas sendeiriñas para que collan máis sabor.

Unha vez cocidas escorrer parte da auga e esmagar cun garfo, reservar en quente. Fritir os ovos. Colocar nun prato o puré de patacas en forma de volcán, pór o ovo frito encima e engadir as sendeiriñas confitadas por encima e a comer.

Comparte...