XORNADAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLLA NO GROVE

XORNADAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLLA NO GROVE

Do 23 de novembro ao 9 de decembro terá lugar no Grove a décima edición das Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola, durante as que os restaurantes da localidade servirán este marisco, ausente da Festa do Marisco que a localidade celebra en outubro por ser esa época de veda.

Ademais de degustar a centola, os visitantes do Grove poderán asistir a diversos actos en torno a este marisco, como o concurso de centola viva, a poxa das centolas premiadas, mostra de cocción de marisco e de elaboración de pinchos con centola e unha cata solidaria a favor de Cáritas do Grove a bordo do catamarán Fly Delfín.

Unha oportunidade para degustar a centola… ou o centolo.

Comparte...