A vendima arrinca en Ribeira Sacra e Monterrei

A vendima arrinca en Ribeira Sacra e Monterrei

Os primeiros traballos da vendima 2015 hanse inciado xa nas denominacións de orixe ourensás de Ribeira Sacra e Monterrei, as primeiras que tradiciolmente comezan a recollida da uva en Galicia. No caso de Ribeira Sacra a vendima comezou nalgunhas subzonas e de forma puntual o 29 de agosto e non será até o día 9 cando o pleno do Consello Regulador se reuna para establecer a data oficial de inicio recomendado para a vendima en toda a denominación de orixe.

Pola súa banda, o D.O Monterrei deu o luns 7 de setembro como data oficial de comezo de vendima para Monterrei cunha semana de adianto respecto da tempada pasada. A adega Castro de Lobarzán, situada en Vilaza, foi a primeira en comezar nesta denominación de orixe coa recollida de uva das variedades tintas mencía, arauxa e merenzao. As previsións iniciais dos técnicos falan dun estado fitosanitario da uva moi bo e barallan que podería recollerse ao redor de 3 millóns de quilos de uva , cifra que de confirmarse suporía un incremento de en torno ao 20% respecto ao ano pasado e unha cifra histórica de recollida para a denominación de orixe vitivinícola máis pequena.

En Ribeira Sacra de momento son sete as adegas que están en proceso de recollida do froito, cunha total de quilos colleitados até agora de algo máis de 106 mil sendo as variedades tintas as que máis se colleitaronaté a data,coa mencía á cabeza, da que se recolleron máis de 63.000 quilos, seguida da merenzao, caiño, garnacha, mouratón, tempranillo e brancellao.

Comparte...