Lacónicas pecha a súa primeira edición con máis de cinco mil participantes

Lacónicas pecha a súa primeira edición con máis de cinco mil participantes

Vinte xornadas e máis de cinco mil persoas déronse cita na primeira edición das Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, unha participación que avala a continuidade deste evento en próximas edicións, segundo confirmaron os seus organizadores, Turismo da Coruña. As #Lacónicas, que pecharon as súas portas o pasado 21 de febreiro viñeron ha confirmar o peso específico da Coruña como destino gastronómico e como lugar de referencia da cociña atlántica, a dicir do concelleiro de Turismo da Coruña, Alberto Lema.

Pola súa banda os hostaleiros que participaron na iniciativa tamén se mostraron satisfeitos, que cumpriu co obxectivo de aglutinar por vez primeira a oferta gastronómica do entroido coruñés. Cabe lembrar tamén que durante a celebración destas xornadas, ademais dos menús especialmente creados para o evento, a cidadanía puido gozar, ademais, de actividades gratuítas no mercado da praza de Lugo: degustacións, showcooking e talleres infantís.

Lacónicas vén unirse así á oferta de accións vinculadas co turismo gastronómico do Concello da Coruña, xunto co Bocatise, que regresa coa súa segunda edición o próximo mes de decembro ou o Concurso de Tapas Picadillo, que en setembro celebrará a súa edición número XIII e cuxo prazo de presentación de ofertas está aberto até o 4 de marzo. Turismo de A Coruña licitou a contratación do deseño, xestión e organización do Picadillo 2016 cun orzamento máximo de 66.550 euros, pódense consultar as bases no perfil del contratante da zona profesional do Concello de A Coruña.

Comparte...