A D.O. Ribeiro participa na Experiencia Verema 2016

A D.O. Ribeiro participa na Experiencia Verema 2016

Dezasete adegas del Ribeiro mostraron os seus viños ao sector profesional e afeccionados ao viño de Madrid o pasado 30 de maio

A D.O. Ribeiro apostou pola participación na xira de showrooms de viños Experiencias Verema que percorre o territorio nacional para consolidar a súa imaxe como líder en viños brancos de calidade. Por iso, presentouse con 17 adegas nunha nova edición do evento Experiencias Verema 2016, que nesta ocasión celebrouse no hotel The Westin Palace de Madrid. Trátase dunha evento enfocado a profesionais do sector e a amantes do mundo do viño da capital española.

As 17 adegas participantes, Adegas Valdavia, Alter, Antonio Cajide, Antonio Montero, Adega Alanís, Adegas GRM, Casal de Armán, Cunqueiro, Eloi Lorenzo, Leira Viñoa, Pazo Casanova, Ramón do Casar, Terra do Castelo, Val de Souto, Valdepuga, Viña Costeira e Viña Mein, buscan afianzar e incrementar a súa presenza comercial na capital.

Verema, club de viños e comunidade de afeccionados ao viño

Verema é un dos portais líderes de consumidores de viño en español. Ocupa a primeira posición de comunidade de foreros a nivel mundial que debate e prescribe viños de todo tipo. Os seus asociados son profesionais e afeccionados ao viño, blogueiros, prensa, hostalería, distribución…

Comparte...